Seminario Iberoamericano
Transformación dixital e intelixencia artificial na educación
Data:
martes, 21 de maio de 2024
Lugar:
Santiago de Compostela
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_axenda/public/captura_oei_eduga.jpg?itok=3myaNSCN)
A Xunta e a OEI (Organización de Estados Iberoamericanos para a educación, a ciencia e a cultura) organizan na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, este seminario con expertos e personalidades destacadas do ámbito educativo e empresarial.
O obxectivo é a mellora das competencias dixitais de toda a comunidade educativa para responder axeitadamente ao contexto dixitalizado global e abordar os desafíos educativos aos que se enfrenta o profesorado e o alumnado no momento actual.