Skip to Content

O SAMAÍN DO COLE DE LEIRO

O pasado venres día 29 de outubro celebramos o Samaín/Halloween no cole por todo o alto, pero sempre respectando as normas de seguridade.

Os/as peques de Infantil fixeron un obradoiro de galletas terroríficas, pero riquísimas, coa axuda da cociñeira Maite e os/as demáis nenos/as crearon contos de medo que logo foron lendo polas clases.

Ademáis ó longo de toda a semana fixeron diferentes manualidades e debuxos para decorar as estancias do centro.

Ah! e todos/as nos disfrazamos e pasamos unha mañá xenial.

CONTOS DE MEDO

O pasado venres día 15 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron duns terroríficos contos para ir abrindo boca de cara o Samaín.

A actividade foi organizada pola Biblioteca Municipal.

PRIMEIRO MES DE CURSO SUPERADO CON ÉXITO

Grazas por axudarnos a que esta pandemia na que estamos inmersos non se asome polo colexio!

TEATRO E CHOCOLATE

O pasado venres día 8 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria desfrutaron dunha obra de teatro e convertéronse logo en resposteiros por unhas horas para elaborar saborosos doces de chocolate e froitas.

Esta actividade tivo lugar grazas á Biblioteca Municipal de Leiro, e a Isabel por suposto.

Marabilloso!

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

Este curso retomamos as charlas impartidas pola Garda Civil dentro do Plan Director para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Estas versarán sobre os perigos de internet, drogas e alcohol e acoso escolar, e levaranse a cabo entre os meses de outubro e novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut