Skip to Content

Aula de 3º e 4º EP

OBRA DE TEATRO "UNHA ÁRBORE DE NADAL"

Ola familias!

As nenas e nenos de 3º e 4º, por mor do festival de Nadal, prepararon unha obra de teatro chamada "Unha árbore de nadal". 

Trátase dunha peza de Dolors Todolí adaptada por min na que non só actúan, senón que tamén cantan a marabillosa canción "Danza do universo" de Sergio Tannus.

Despois de moitos ensaios, risas e traballo, chegou o gran día da estrea e eu non podo estar máis orgullosa do resultado e destes pequenos grandes artistas que cada día nos demostran que con ilusión, esforzo e compañerismo todo é posible.

GRAZAS nen@s, pois eu vos ensino, mais non deixo de aprender de vos!

Aquí queda o vídeo da obra e algunhas fotiños dos ensaios ;)

PROXECTO ECOSISTEMAS DE NADAL

Ola a tod@s!

Esta entrada é moi especial...pois é o resultado de moito traballo das nenas e nenos de 3º e 4º para crear o noso "belén" particular. Non temos reis magos, mulas ou portal, pero sí pingüíns, patos, neve, osos e ata auroras boreais.

Trátase dun proxecto que elaborei para Ciencias Naturais no que buscaba que os alumnos e alumnas alcanzasen unns contidos, obxectivos e coñecementos determinados a través da manipulación e creación dos seus propios ecosistemas coas correspondentes biocenoses, é decir, tiñan que crear o hábitat (mariño, terrestre, polar etc) e tamén reflexar as interrelacións entre os seres vivos que o conformaban. 

O resultado?? Unha MARABILLA, non hai máis que ver ás imaxes.

Moitas grazas aos meus nen@s polo seu esforzo e tamén ás familias pola súa implicación.

Seguimos!

CALENDARIO DE ADVENTO

Ola a tod@s!

A semana pasada tivemos unha visita moi especial...a nai de Érika, que vive en Suíza, aproveitando que estaba uns días por aquí tróuxonos uns calendarios de advento marabillosos!!

Estes calendarios con bombóns dentro marcan a conta atrás ata o día de Nadal. Cada día ábrese a casilla correspondente ao día do mes e detrás hai un bombón. Así, do día 1 de Decembro, no que empeza o calendario, ata o 24, hai un bombón por día. 

Moitísimas grazas á familia de Érika polo detalle e por deixarnos degustar estes auténticos chocolates suízos!!

 

¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!

Ola a tod@s!

As nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria estivemos a preparar unha obra moi curiosa chamada "¡Como mola tu escoba!". 

Trátase dunha adaptación que fixen da obra de Julia Donaldoson. Un libro inxenioso e divertido, repleto de humor e profundos valores e galardoado con cinco importantes premios. E como curiosidade...está traducido a 36 idiomas!

A gran estrea tivo lugar no festival que fixemos no cole polo Samaín, e foi unha experiencia marabillosa! Pensara neste proxecto como unha alternativa transformadora de realidades e así foi, prevalecendo ante todo a empatía, o compañerismo, a transmisión de vivencias, a opinión e a participación. 

Aquí vos deixo fotiños do proceso e, como non, o vídeo do gran día! Pero non sen antes agradecer dende aquí ás famlias pola súa colaboración, pois para levar a cabo un proxecto coma este é imprescindible o seu apoio. 

GRACIAS!

CURSO 2022-2023. ARRANCAMOS!

Benvid@s á nosa aula!

Son Ángela, a titora de 3º e 4º de E.P. este cursos 2022-2023.

Ademais de mestra titora, son especialista en educación musical, e este é o meu primeiro ano (e espero que o primeiro de mooooitos) aquí en Leiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut