Skip to Content

blogue deadmin

Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-2025

Dende este 1 de marzo e ata o vindeiro día 20 podedes facer a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.

Podedes recoller os impresos de solicitude no centro en horario de 9:30 a 14:30 ou facer parte do proceso dixitalmente a través de https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida chamade ao teléfono do centro: 988 488 178  ou escribide ao noso correo electrónico: ceip.emilia.pardo.leiro@edu.xunta.gal

PORTAS ABERTAS

Outro curso máis abrimos as nosas portas para aquelas familias interesadas en coñecer as nosas instalacións e modelo pedagóxico, falar e aclarar dúbidas.

Recordade solicitar unha cita previa no noso número de teléfono 988488178.

Esperámosvos!

PORTAS ABERTAS

Outro curso máis abrimos as nosas portas para aquelas familias interesadas en coñecer as nosas instalacións e modelo pedagóxico e poder falar e aclarar as dúbidas que teñades.

Recordade solicitar unha cita no noso número de teléfono 988488178.

Esperámosvos!

FIN DE CURSO

Ola familias!

Esta entrada é moi especial...pois é a última deste curso 2022-2023 que xa remata. Un curso de cambios, de aprendizaxes, de experiencias..

E un curso así merecia un final á altura dos nosos nen@s, polo que este ano non houbo unha festa de fin de curso...houbo dúas ;)

O martes tivemos a gran sorte de poder desfrutar duns postres marabillosos e de DJ Tibu grazas á ANPA...as nenas e nenas bailaron, xogaron e ata chocolatearon! 

E o mércores, o último día, foi un día de moitísimas emocións:

Primeiro despedimos a Paloma e Inma. Grazas compañeiras...sodes Leiro.

Despois a rapazada de 5º e 6º deleitounos cunhas fantásticas acrobacias e coa interpretación dunha canción de percusión, "Run boys run", tocada con tambores elaborados por eles mesmos, para darlle ás nosas alumnas de 6º a mellor das despedidas. Nerea, Sonia e Sofía...sodes únicas...moita sorte nesta nova etapa tan ilusionante.

E como broche final para rematar a xornada houbo hinchable, xogos e...unha gran festa da espuma!

Aquí vos deixamos algunhas fotiños que resumen o vivido estes días.

Grazas a tod@s por facelo posible e...

SAÍDA A SAN CLODIO

Ola familias!

O xoves foi un día moi especial, pois os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º fomos ata a Mosterio de San Clodio acompañados de Isabel, a bibliotecaria de Leiro.

Pasamos pola Ponte de San Clodio, e alí puidemos ver a ermita de San Antonio e ao chegar ao Mosterio tivemos a sorte de que o cura Don Rufino nos ensinase a súa iglesia. Aprendemos moito, vimos auténticas reliquias e mesmo tivemos tempo de xogar nos xardíns de tan marabilloso espazo.

Agradecer especialmente a Isabel a súa colaboración, implicación e entusiasmo.

Distribuir contido


by Dr. Radut