Skip to Content

blogue deadmin

FINAL COMARCAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Ola a tod@s!

O pasado martes 29 de novembro as nenas e nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º do cole tiveron campo a través. Trátase dunha modalidade de atletismo que consiste principalmente en recorrer distancias campo a través, é dicir, en circuitos naturais non-urbanos.

A actividade está enmarcada dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), e trátase dunha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar e extender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás, e tivo lugar no circuito A Veronza/Complexo deportivo municipal O Xestal, en Ribadavia, cunha participal total de 298 nenos e nenas de diferentes centros da comarca.

Conseguimos 3 medallas nas diferentes categorías, pero o máis importante foi o que desfrutamos convivindo e facendo deporte no medio natural.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada.

Seguimos!

MAGOSTO

E por fin chegou o magosto!!!!

No noso cole tiñamos moooooitas ganas de celebrar esta festa tan bonita e tan típica da nosa terra na que, mediante o lume, homenaxéase a un dos froitos más prezados do outono: a castaña. 

E non podía ser un día calquera, non...tiña que ser un día especial no que festexar xunt@s, polo que despois do recreo tivemos a actuación do marabilloso Ce Orquesta Pantasma (César Freiria), un músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos. Foi un espectáculo participativo e moi divertido no que a música, a palabra e @s nen@s tiveron o protagonismo. 

Despois fixemos unha fogueira e rematamos o día comendo empanada, chourizos, castañas e ata unha tarta especial de magosto.

Aquí vos quedan as fotos e algún que outro vídeo deste día para recordar.

 

FESTIVAL DE SAMAÍN

O pasado 28 de outubro celebramos o Samaín no cole!

Comezamos o día cun contacontos sobre ciberseguridade (podedes velo na entrada anterior) e despois tivemos un gran festival no que houbo cancións, bailes e ata unha obra de teatro moi bruxeril!!

Para rematar as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria organizaron un circuito xenial no que a rapazada ía executando diferentes xogos e exercicios consecutivos e interconectados en estacións.

Como podedes ver, pasámolo de medo!!!

 

CONTO ILUSTRADO SOBRE CIBERSEGURIDADE

Ola a tod@s!

No remate de outubro e para dar comezo ao día de Samaín, o noso cole acolleu unha actividade que achegou ás nenas e nenos ao uso seguro de internet.

En forma de conto ilustrado e a través da música compartiron cos cativos consellos e recomendacións básicas para un uso responsable da identidade na internet, a publicación de imaxes en redes sociais, a xestión de contrasinais ou a identificación de noticias falsas. Difundíronse ademais valores esenciais de comportamento no ciberespazo: sentido común, respecto e empatía. 

Pasamos un moi bo ratiño!

A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN

Ola a tod@s!

En outubro tivemos unha visita moi especial...o paiaso MERE CLOWN (David Merelas) veu ao noso cole a facer unha adaptación circense para contarnos "A verdadeira historia de Hamelín". 

A través do clown, os malabares, o xogo, bromas sen fin, humor e a participación das nenas e nenos, puidemos descubrir o que pasou realmente nesa aldea chamada Hamelín. Somos uns privilexiad@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut