Skip to Content

blogue deadmin

8M, DÍA DA MULLER

Ola familias!

Hoxe foi un día moi especial no cole, pois conmemoramos o día da muller.

No acto cada clase presentou ao resto unha muller importante previamente elexida. Así infantil falounos sobre a marabillosa Jane Goodall, defensora dos dereitos dos animais e figura pioneira no estudio dos chimpancés; 1º e 2º sobre Marie Curie, física e química polaca pioneira no campo da radioactividade; 3º e 4º sobre Malala, unha activista pakistaní coñecida pola súa loita a favor dos dereitos civís, especialmente dos dereitos das mulleres e nenas; e por último 5º e 6º sobre María Pita, a heroína da defensa da Coruña en 1959 contra a Invencible Inglesa.

Despois das presentacións todos xuntos cantamos e bailamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, unha oda á muller e á liberdade.

Para rematar saímos ao patio e soltamos uns globos de helio con todos os nosos deseos de IGUALDADE.

Aquí vos deixamos unhas fotiños e vídeos da xornada.

Seguimos!

ENTROIDO 2023

Ola a tod@s!! 

Por fin chegou o entroido e este ano o noso cole transformouse no "Carnaval de los animales" de Camille Saint-Saëns, un famoso compositor francés que naceu en 1835 e morreu no 1921. 

Trátase dunha peza que se compuxo para un martes de entroido e naceu como unha parodia musical na que que Saint-Saëns representa animais mediante diversos recursos musicais, facendo que sexa unha composición musical moi orixinal na que se burlaba tanto de compositores importantes como de intérpretes ou dos roles propios de cada instrumento e instrumentista. Figurádevos ata que punto chega a burla e o marabilloso sentido do humor de Saint-Saëns que prohibiu que a obra chegase ao coñecemento do públio en xeral ata o seu falecemento, polo que mentras el viviu solo se tocou nalgunhas sesións privadas.

Coma o noso cole só ten 4 clases, non puidemos representar tódolos animais da obra e decantámonos por:

LEÓNS: o quinteto de corda frotada xunto aos dous pianos marcan a música a odo de marcha. Os leóns maxestuos de 5º e 6º mostran o seu porte, ruxindo e camiñando como reis e señores dos animais. 

EXCURSIÓN A OURENSE: OBRA DE TEATRO EN INGLÉS, VISITA Á CIDADE E...GRAN CHOCOLATADA!

Ola familias!!

Fai uns días os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria foron a ver a Ourense a obra "What a monster?" representada polos actores da compañía de On Stage e forma parte da programación de artes escénicas de Afundación.

Trátase dun teatro participativo que narra o que podería suceder se un monstruo nos axudase a enfrentarnos a aquelo que nos asusta pero existe un problema: a ley dos monstruos é clara, toda axuda ten un precio! Quereríamos pagalo?

Esta divertida obra de teatro artículase a partir da participación do público, unha experiencia práctica para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

Peeeeero ás nenas e nenos esperáballes unha sorpresa máis...pois ao salir puideron dar unha volta por ourense e os seus lugares máis emblemáticos e os profes tiñan preparada unha chocalatada con churros na cafetería-chocolatería Cándido para acabar á mañá de excursión por todo o alto e ben quentiños.

Aquí vos quedan algunhas fotos;)

 

NEVE!!!!

Ola familias!!

Pasamos por aquí para ensinarvos coma os nenos e nenas de Infatil e 1º de E.P. converteron a clase nun auténtico reino de xeo. 

Coma por arte de maxia estes pequenos artistas transformaron bicarbonato de sodio, auga e suavizante en NEVE!!! 

Que non volo credes?? Atent@s ás imaxes ;) 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

Ola familias!

Este luns día 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non Violencia e a Paz, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

Para elo, cantamos dúas cancións preciosas:

"Una receta de paz", de Unai Quirós                https://www.youtube.com/watch?v=iY5ZSQPclco

"Carta a Rigoberta Menchú" de Celtas Cortos   https://www.youtube.com/watch?v=TLQKT-GwiOE

E rematamos cun gran "AMIGO DA PAZ"... coma o xogo "o amigo invisible", pero neste caso deixando de agasallos fermosos debuxos e verbas cheas de cariño para as compañeiras e compañeiros. 

Foi moi bonito ver a ilusión de cada nena e cada neno recollendo o seu sobre coa ilusión de non saber quen foi o autor.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do momento ;)

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut