Skip to Content

blogue deadmin

MASCOTA DA BIBLIOTECA

Bo día familias!

Como xa sabedes polo anterior post, xa temos biblioteca escolar!! Pero...un espazo tan especial precisa dunha mascota igual.

Durante estes días cada nena e cada neno fixo un debuxo da súa mascota, e o venres fixemos a votación. E aqúi e preciso destacar que había debuxos fermosísimos e moi orixinais, pero tamén que a mascota gañadora nos conquistou a todos!

Así que, sen máis preámbulos vos presentamos a GAFITAS, COA QUE LERÁS HISTORIAS INFINITIAS.

Noraboa a Raquel, a súa creadora, así coma aos finalistas. 

Desfrutade das fotiños ;)

 

 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Ola familias!!

Esta semana, coincidindo co día do libro, ocorreu no cole algo moi moi importante: por fin inauguramos a biblioteca escolar!!

E un espazo tan especial tamén necesitaba dun acto igual, así que entre brochetas de froitas, sorteos e moitos libros celebramos contar con este lugar máxico no que aprender, ler, imaxinar e mergullarnos en milleiros de aventuras. 

Aquí vos quedan algunhas fotiños ;)

 

 

 

 

EXCURSIÓN A OURENSE: OBRA DE TEATRO "NAUTILUS. 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO".

Ola familias!!

O pasado mércores as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. pasaron unha xornada do máis entretida en Ourense, pois foron a ver a obra de teatro "Nautilus. 20.000 leguas de viaje submarino".

Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor Poposta Orixinal pola súa sensibilización ambiental, esta obra é unha versión da clásica novela de aventuras de Jules Verne. Esta nova proposta de La Compañía La Negra, presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta que a rapazada desfrutou un montón.

Ademais, antes da obra puidemos cruzar a ponte romana, dar un paseo polas beiras do Miño, pasar pola ponte do Milenio e ata xogar e merendar nun parque da cidade.

Aquí vos quedan algunhas fotiñas deste día tan guai!

CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN

Bo día familias!

Hoxe no cole tivemos un contacontos mooooi especial!! Grazas ao concello de Leiro a MARABILLOSA Uxía Morán veu ao noso cole a falarnos sobre feminismo. Contounos contos, xogamos e, sobretodo, desfrutamos e aprendemos moito.

A igualdade de xénero debe ser traballada dende idades moi temperás e debe ser un tema transversal ao longo de toda a infancia. Hoxe con Uxía vivenciamos como a maneira en que ofrecemos os xoguetes, os contos aos que teñen acceso, a maneira de dirixirnos ás nenas e nenos e todo o que nos rodea é determinante no desenvolvemento persoal en igualdade de xénero.

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta xornada tan dinámica, orixinal e produtiva.

8M, DÍA DA MULLER

Ola familias!

Hoxe foi un día moi especial no cole, pois conmemoramos o día da muller.

No acto cada clase presentou ao resto unha muller importante previamente elexida. Así infantil falounos sobre a marabillosa Jane Goodall, defensora dos dereitos dos animais e figura pioneira no estudio dos chimpancés; 1º e 2º sobre Marie Curie, física e química polaca pioneira no campo da radioactividade; 3º e 4º sobre Malala, unha activista pakistaní coñecida pola súa loita a favor dos dereitos civís, especialmente dos dereitos das mulleres e nenas; e por último 5º e 6º sobre María Pita, a heroína da defensa da Coruña en 1959 contra a Invencible Inglesa.

Despois das presentacións todos xuntos cantamos e bailamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, unha oda á muller e á liberdade.

Para rematar saímos ao patio e soltamos uns globos de helio con todos os nosos deseos de IGUALDADE.

Aquí vos deixamos unhas fotiños e vídeos da xornada.

Seguimos!

Distribuir contido


by Dr. Radut