Skip to Content

blogue deadmin

VISITA DE PAPÁ NOEL

Ola familias!

Temos que contarvos que hoxe, aínda coa resaca emocional do festival, mentres estabamos en clase comezamos a escoitar uns ruidos e...menuda sorpresa levamos cando vimos que era o mismísmo Papá Noel acompañados dos seus elfos de confianza!!!

Xa que estaba pola zona decidiu vir ao noso cole a darlle unha sorpresa ás nosas nenas e nenos, que quedaron totalmente abraiados coa visita. Déronlle as súas cartas, falaron con el e, como non, aproveitamos para inmortalizar o momento. Todo un acontecemento!!!

Aproveitamos para dar as grazas ao Concello de Leiro por indicarlle a Papá Noel onde estaba o cole ;) Esperamos que desfrutedes das imaxes.

Felices vacacións de nadal!

FESTIVAL DE NADAL

E por fin chegou o gran día...o FESTIVAL DE NADAL que con tanto cariño estiveron a preparar as nosas nenas e nenos.

Tivemos de todo: acrobacias e bailes, panxoliñas, unha muiñeira, un rap, uha obra de teatro...e coma colofón final apareceron as súas maxestades os Reis Magos!!! Vivimos unha xornada chea de emoción, ilusión e maxia.

Grazas a todas as familias pola súa colaboración, e en especial a ANPA pola súa implicación, polos seus contactos diretos con Oriente e por ese marabilloso decorado.

Aquí quedan fotiños e vídeos deste día tan especial.

BO NADAL!!

Video-chamada con Papá Noel!!

Ola a tod@s!

Esta entrada é moooooi especial, pois as nenas e nenos de infantil, 1º e 1º de primaria tiveron o grandísimo privilexio de falar co mismísimo Papá Noel!!

Acudimos á aula CéMIT de Leiro e alí grazas á tecnoloxía ocorreu a maxia. Nervios, sorpresa, sorisos, ilusión...moitas emocións nun día que, de seguro, quedará para o recordo das nenas e nenos.

Non sei se nos leerás Papá Noel...pero GRAZAS por regalarnos este ratiño tan fascinante a pequen@ e maiores.

Visita á Residencia Xeriátrica QUERCUS

Ola ola!

Con motivo da chegada do Nadal, as nenas e nenos de primaria achegáronse ata a Residencia Xeriátrica QUERCUS de Leiro. 

Pasamos un ratiño cheo de sorisos no que acabamos cantando villancicos todos xuntos que culminou cun emotivo intercambio de postais. E nada mellor que velo para comprobalo! Así que aquí vos quedan as fotos e vídeos da xornada.

Moitas grazas a todo o persoal da Residencia por facelo posible.

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Ola a tod@s!

Con motivo do día Internacional das Persoas con Discapacidade (mellor chamada Diversidade Funcional), tivemos no cole unha charla impartida por COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

O lema para este 2022 foi: "Solucións transformadoras para un desenvolvemento incluso: o papel da innovación para impulsar un undo accesible e equitativo". De este xeito ponse o foco na innovación para conseguir sociedades accesibles e equitativas. 

Neste taller puidemos entender que as personas con diversidade funcional son a minoría máis ampla no mundo, e soen ter máis dificultades que outros colectivos en tódolos niveis, sobretodo no acceso á educación, ao mercado laboral, e dificultades económicas. E esto débese fundamentalmente á falta de recursos que lles faciliten a vida como o acceso ao transporte ou o acceso á inforación. Todo elo unida á discriminación social que a veces existe no seu entorno, e a falta da lexislación axeitada, fan que a vida das persoas con discapacidade sexa máis difícil.

Distribuir contido


by Dr. Radut