Skip to Content

blogue deadmin

A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN

Ola a tod@s!

En outubro tivemos unha visita moi especial...o paiaso MERE CLOWN (David Merelas) veu ao noso cole a facer unha adaptación circense para contarnos "A verdadeira historia de Hamelín". 

A través do clown, os malabares, o xogo, bromas sen fin, humor e a participación das nenas e nenos, puidemos descubrir o que pasou realmente nesa aldea chamada Hamelín. Somos uns privilexiad@s!

COAS MANS NA MASA!

Ola a tod@s!

No mes de setembro tivemos o gran privilexio de poder contar cun marabilloso taller enmarcado no programa de dinamización lectora "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas da Xunta de Galicia.

Tratouse dunha actividade súper-divertida na que as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. puideron aprender o proceso de elaboración do pan a partir dos seus ingredientes: fariña, auga, levadura e sal. O obxectivo era crear coa masa escenas do conto "Maruxa" de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes, da editoria OQO.

BENVID@S AO NOSO COLE!

Neste blog iremos colgando as aventuras e peripecias desta viaxe na que encheremos as nosas mochilas de ensinanzas, emocións e aprendizaxes varias.

Queredes acompañarnos?

Emilia

Hello my friend...

Benvido a éste, o noso blog.

Distribuir contido


by Dr. Radut