Ola familias!
Esta entrada é moi especial...pois é a última deste curso 2022-2023 que xa remata. Un curso de cambios, de aprendizaxes, de experiencias..
E un curso así merecia un final á altura dos nosos nen@s, polo que este ano non houbo unha festa de fin de curso...houbo dúas ;)
O martes tivemos a gran sorte de poder desfrutar duns postres marabillosos e de DJ Tibu grazas á ANPA...as nenas e nenas bailaron, xogaron e ata chocolatearon!
E o mércores, o último día, foi un día de moitísimas emocións:
Primeiro despedimos a Paloma e Inma. Grazas compañeiras...sodes Leiro.
Despois a rapazada de 5º e 6º deleitounos cunhas fantásticas acrobacias e coa interpretación dunha canción de percusión, "Run boys run", tocada con tambores elaborados por eles mesmos, para darlle ás nosas alumnas de 6º a mellor das despedidas. Nerea, Sonia e Sofía...sodes únicas...moita sorte nesta nova etapa tan ilusionante.
E como broche final para rematar a xornada houbo hinchable, xogos e...unha gran festa da espuma!
Aquí vos deixamos algunhas fotiños que resumen o vivido estes días.
Grazas a tod@s por facelo posible e...