Skip to Content

BENVID@S AO NOSO COLE!

 

Emilia Pardo Bazán

 

 

 

CEIP Emilia Pardo Bazán

Leiro-Ourense

Telf. 988 48 81 78

 

 

 

 Correo

Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-2025

Dende este 1 de marzo e ata o vindeiro día 20 podedes facer a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.

Podedes recoller os impresos de solicitude no centro en horario de 9:30 a 14:30 ou facer parte do proceso dixitalmente a través de https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida chamade ao teléfono do centro: 988 488 178  ou escribide ao noso correo electrónico: ceip.emilia.pardo.leiro@edu.xunta.gal

PORTAS ABERTAS

Outro curso máis abrimos as nosas portas para aquelas familias interesadas en coñecer as nosas instalacións e modelo pedagóxico, falar e aclarar dúbidas.

Recordade solicitar unha cita previa no noso número de teléfono 988488178.

Esperámosvos!

PORTAS ABERTAS

Bo día familias!

Acércase o periodo de solicitude de admisión do alumnado NOVO ou que desexa cambiar de centro para o curso 2023-2024, e o noso cole desexa abrir as súas portas (previa cita) para as familias que non nos coñecen e/ou que desexen saber un pouquiño máis sobre nós..

Os/as interesad@s en matricularse poderán descubrir e coñecer a nosa oferta educativa e formativa, o noso proxecto académico e modelo pedagóxico, así como as instalacións, ensinando as diferentes aulas e os espacios comúns coma o comedor, os patios, ou a biblioteca.

Esperamos que aproveitedes para visitarnos e así poidamos aclararvos as cuestións que vos interesan ou preocupan e que coñezades e vos familiaricedes co noso centro.

Para solicitar unha cita pregamos chamar ao noso número de teléfono 988488178.

Esperámosvos!!

 

AVISO

Suspéndese o transporte escolar do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán para o martes 17/01/2023 debido á alerta dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulación de neve.

O centro estará aberto, pero non é recomendable o transporte nin en autobús nin en coche. 

Tampouco haberá actividades nos patios, estaremos toda a xornada no interior do centro.

As faltas asistenciais estarán xustificadas.

Aquí podedes acceder á ligazón da alerta

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006

 

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut