Skip to Content

REMATE DO 2º TRIMESTRE: ACTIVIDADES

O xoves día 7 de abril, os nenos e nenas elaboraron ricas rosquillas de Pascua para degustar ó día seguinte no comedor.

Esta actividade foi organizada por Maite, a cociñeira, e levouse a cabo entre fogóns -por suposto-.

O venres día 8 de abril, acudimos todos e todas ó cine de Leiro  a ver a película infantil "Los tipos malos".

Vaia final de trimestre tan divertido!

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Este venres día 1 de abril, celebramos no centro o Día da Árbore e da Auga coa prantación dun ameneiro e a eleción ó azar dun nome para este, resultando elixido "Precioso" de Leo.

Esta actividade conlevou un traballo semanal de lectura dun conto sobre a temática e a realización de actividades sobre el.

É unha iniciativa promovida pola Deputación de Ourense na que participamos tódolos anos.

DEPORTE ESCOLAR EN OURENSE

O pasado xoves día 17 de marzo, os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos participaron nunha xornada de multideporte dentro do Programa Xogade (Deporte Escolar).

Desta vez foi en Ourense, xa que se clasificaron para a proba provincial.

Unha mañá estupenda de exercicio e diversión!

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE O 8M

O pasado luns día 14 de marzo, o alumnado de Primaria participou en dous obradoiros sobre igualdade organizados polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade.

Pasárono xenial entre contos, debuxos...!

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. A MAREA VIOLETA NO COLE.

Nesta ocasión, celebramos o Día Internacional da Muller nas instalacións do centro debido á chuvia, aínda que a idea nicial era facelo na praza do pobo.

Para conmemoralo tódolos nenos e nenas elaboraron debuxos, carteis e frases sobre igualdade, non violencia... que leron a modo de manifesto e, para rematar, cantaron a canción "Todo pode ser".

Esta actividade estivo organizada polos Servizos Sociais Municipais e colaboramos encantados/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut