Bo día familias!
Acércase o periodo de solicitude de admisión do alumnado NOVO ou que desexa cambiar de centro para o curso 2023-2024, e o noso cole desexa abrir as súas portas (previa cita) para as familias que non nos coñecen e/ou que desexen saber un pouquiño máis sobre nós..
Os/as interesad@s en matricularse poderán descubrir e coñecer a nosa oferta educativa e formativa, o noso proxecto académico e modelo pedagóxico, así como as instalacións, ensinando as diferentes aulas e os espacios comúns coma o comedor, os patios, ou a biblioteca.
Esperamos que aproveitedes para visitarnos e así poidamos aclararvos as cuestións que vos interesan ou preocupan e que coñezades e vos familiaricedes co noso centro.
Para solicitar unha cita pregamos chamar ao noso número de teléfono 988488178.
Esperámosvos!!