Skip to Content

Complementarias

Un alumno do colexio, campión do clásico torneo de xadrez de Barrocás.

Durante os días 26 e 27 de decembro celebráronse as xornadas para as categorías sub-8 e sub-10 do coñecido torneo de xadrez, que se celebra cada ano nos locais da Asociación de Veciños de Barrocás dende hai 31 anos. O noso compañeiro logrou vencer na categoría sub8, ante a oposición de fortes rivais, moito máis acostumbrados a ocupar os postos de podio. Noraboa!

Paseo de Halloween

Coma o día de Halloween non hai clase este ano, o día 30 sairemos a buscar caramelos por Leiro. Os que non nos dean levarán un bo susto!

Iremos cantando esta canción, xa podedes ensaiar.

O entroido

Este ano tivemos varias novidades no entroido. A primeira delas, que o desfile foi no colexio, ó contrario ca outros anos, cando se paseaba por Leiro. A segunda foi a convivencia de pais e nais, onde cada un trouxo algún postre tradicional para compartir. A experiencia foi todo un éxito, desfrutando dun agradable rato coñecendo a outros membros da comunidade educativa.

Fotos

Xogos tradicionais

A asociación "Xaquín Lourenzo" proporcionunos a posibilidade de recibir unhas xornadas sobre xogos tradicionais galegos.

Ver fotos

Deporte escolar

Durante o pasado mes, os nosos alumnos e alumnas participaron en varias xornadas deportivas convivindo con colexios da zona.

Pódense ver as fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut