Skip to Content

Aula de Música

A CREAR INSTRUMENTOS!

Ola familias!

Paso por aquí para ensinarvos a marabilla de instrumentos que crearon as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria!

Este traballo enmárcase dentro do proxecto desenvolvido na aula "Construamos instrumentos musicais" co obxectivo de desenvolver habilidades e destrezas na execución dos mesmos e favorecendo diversas formas de expresión (canto, esquemas rítmicos e melódicos, lecturas musiciais sinxelas bailes e representacións).

E como podedes ver foi todo un éxito!! Maracas, tambores, chócalos, frautas, chinchines, palo de chuvia...vaia, que podemos facer unha orquestra ;)

Aquí vos quedan as fotiños do marabilloso resultado.

Seguimos!

RAP DE NADAL

Ola familias!

Para o festival de Nadal as nenas e nenos de 5º e 6º de E.P. prepararon un rap navideño moi especial ;)

Non foi a súa mellor actuación, e o ritmo podería estar máis sincronizado cos versos coma nos ensaios, pero o máis importante foi o que nos levou ata ahí; traballo en grupo, compañerismo, creatividade e diversión en torno á música.

Espero que vos guste tanto como nos gustou a nós preparalo!

BENVID@S

Benvid@s á nosa aula de música

Son Ángela, a mestra especialista en educación musical, e decidín abrir este blogue para poder compartir as nosas peripecias músicas.

E xa que a creatividade é inventar, experimentar, medrar, correr riscos, romper as regras, cometer erros e divertirse...que comece a música, que temos moito que amosar!!

Premede no vídeo para ver aos nosos rapeir@s, eles sí que molan de máis ;)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut