Skip to Content

OBRA DE TEATRO "UNHA ÁRBORE DE NADAL"

Ola familias!

As nenas e nenos de 3º e 4º, por mor do festival de Nadal, prepararon unha obra de teatro chamada "Unha árbore de nadal". 

Trátase dunha peza de Dolors Todolí adaptada por min na que non só actúan, senón que tamén cantan a marabillosa canción "Danza do universo" de Sergio Tannus.

Despois de moitos ensaios, risas e traballo, chegou o gran día da estrea e eu non podo estar máis orgullosa do resultado e destes pequenos grandes artistas que cada día nos demostran que con ilusión, esforzo e compañerismo todo é posible.

GRAZAS nen@s, pois eu vos ensino, mais non deixo de aprender de vos!

Aquí queda o vídeo da obra e algunhas fotiños dos ensaios ;)

AdxuntoTamaño
obra.mp431.23 MB


page | by Dr. Radut