Skip to Content

CALENDARIO DE ADVENTO

Ola a tod@s!

A semana pasada tivemos unha visita moi especial...a nai de Érika, que vive en Suíza, aproveitando que estaba uns días por aquí tróuxonos uns calendarios de advento marabillosos!!

Estes calendarios con bombóns dentro marcan a conta atrás ata o día de Nadal. Cada día ábrese a casilla correspondente ao día do mes e detrás hai un bombón. Así, do día 1 de Decembro, no que empeza o calendario, ata o 24, hai un bombón por día. 

Moitísimas grazas á familia de Érika polo detalle e por deixarnos degustar estes auténticos chocolates suízos!!

 



page | by Dr. Radut