Skip to Content

PROXECTO ECOSISTEMAS DE NADAL

Ola a tod@s!

Esta entrada é moi especial...pois é o resultado de moito traballo das nenas e nenos de 3º e 4º para crear o noso "belén" particular. Non temos reis magos, mulas ou portal, pero sí pingüíns, patos, neve, osos e ata auroras boreais.

Trátase dun proxecto que elaborei para Ciencias Naturais no que buscaba que os alumnos e alumnas alcanzasen unns contidos, obxectivos e coñecementos determinados a través da manipulación e creación dos seus propios ecosistemas coas correspondentes biocenoses, é decir, tiñan que crear o hábitat (mariño, terrestre, polar etc) e tamén reflexar as interrelacións entre os seres vivos que o conformaban. 

O resultado?? Unha MARABILLA, non hai máis que ver ás imaxes.

Moitas grazas aos meus nen@s polo seu esforzo e tamén ás familias pola súa implicación.

Seguimos!



page | by Dr. Radut