Skip to Content

REMO EN CASTRELO DE MIÑO

O pasado venres día catro de xuño, o alumnado de de sexto e quinto de Primaria acudiron á única xornada de Deporte Escolar que se celebrou este curso.

Esta tivo lugar en Castrelo de Miño e consistiu nunha actividade de remo.

 

NOVE MESES DE CURSO SUPERADOS CON ÉXITO!

...e alá van xa case 9 meses dende aquel comezo de curso ó que tanto medo lle tiñamos! E superados con nota o que a tema covid se refire!

Moitas grazas por coidarvos e coidarnos!

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO

Podedes consultar a información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 

OS NOVOS HABITANTES DO COLE

Dende hai uns días temos novos compañeiros no cole...pero non se trata de nenos/as ou profes, non!...trátase de vermes da seda e paxariños nada máis nin nada menos!

Os vermes da seda témolos nunhas caixas nas entradas dos dous edificios e coidámolos a diario entre todos/as e os catro paxariños naceron nun niño que fixeron no baño das aulas de Infantil.

Oxalá nos acompañen moito tempo!

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DA MORTE DE EMILIA PARDO BAZÁN E DAS LETRAS GALEGAS

Ó longo de varios días elaboramos flores e un puzzle xigante co rostro de Emilia Pardo Bazán para conmemorar o centenario da súa morte e de paso honrar as nosas letras.

Como o propio día non puidemos montar o puzzle pola chuvia, fixémolo o venres no patio do centro.

A escritora dalle o nome ó noso cole, así que algo tiñamos que facer para homenaxeala e a verdade é que nos quedou un traballo precioso!

Distribuir contido


by Dr. Radut