Skip to Content

COMBATENDO A VESPA VELUTINA

Debido a atopar nos últimos días varias vespas velutinas na zona do patio, o venres pasado os nenos de sexto de Primaria Richie e Daniela colocaron dúas trampas e serán os encargados de semanalmente controlar se precisan máis líquido e contabilizar os insectos que nelas caen.

A ver se rematamos con tremenda praga, polo menos no cole!

LISTADO DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2021-2022

Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso neste centro educativo foi ADMITIDO.

Recordade que o prazo de matrícula abrangue do 20 ó 30 de xuño (incluídos).

GOT TALENT LITERARIO

O pasado venres día 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, no cole organizamos un Got Talent Literario no que non faltaron os chistes, os trabalinguas, as cancións e as obriñas de monicreques.

O xurado estivo composto polos mestres/as Óscar, Sheila e Cristina e fixo as funcións de presentador o mestre Ralph.

BLOGUE DE QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA SOBRE O PROXECTO "DONAS DE SI"

Os nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria, xunto coa súa titora Sheila, están traballando un proxecto denominado "Donas de si", co cal poñen de manifesto a relavancia das mulleres na historia, plasmando tódalas súas actividades nun fermoso e interesante blogue.

Podedes acceder ó seu traballo no seguinte enlace:

https://donasdesicolexiodeleiro.blogspot.com/

LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2021-2022

Todo o alumnado que solicitou a admisión neste centro educativo foi ADMITIDO.

Distribuir contido


by Dr. Radut