Skip to Content

PECHE DO CENTRO POR VACACIÓNS

O colexio permanecerá pechado por vacacións dende o día 29 de xuño ata o día 31 de agosto.

Para calquera consulta, podedes enviar un correo electrónico a ceip.emilia.pardo.leiro@edu.xunta.gal

Bo verán para todos/as!

FIN DE CURSO MOLÓN

O pasado martes día 22 de xuño puxemos un punto e final divertido a un curso complicado.

Os nenos e nenas de primeiro a cuarto de Primaria desfrutaron das marabillas do Bosque Ridimoas, o alumnado de quinto e sexto de Primaria coñeceron camiñando lugares fermosos de Leiro e os/as peques de Infantil xogaron e xogaron na Aldea Cavernícola, onde xantamos despois todos/as xuntos.

E como acabamos esgotados/as, só nos queda desexarvos felices vacacións!

CONTACONTOS PARA OS/AS PEQUES DO COLE

O pasado martes día 15 de xuño, os/as peques do cole desfrutaron dun divertido contacontos grazas á Biblioteca Municipal de Leiro.

Boa forma de ir rematando o curso!

CLASE DE IOGA PARA OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO E CUARTO

O pasado martes día 15 de xuño, Paula, a tía de Sofía e Luca deulle unha clase de ioga os nenos e nenas de terceiro e cuarto de Primaria e ó seu titor Óscar na que o pasaron moi ben.

Moitas grazas Paula!

HORARIO DA DIRECCIÓN DO CENTRO A PARTIR DO DÍA 22 DE XUÑO

O horario da dirección do centro entre os días 23 e 30 de xuño será de 9:30 a 12:30 horas, excepto o día 23 que será de 11:00 a 13:00 horas.

Dende o día 1 de xullo (incluído) o centro permanecerá pechado.

Distribuir contido


by Dr. Radut