Skip to Content

CAMPO A TRAVÉS COMARCAL

A primeira xornada do Programa de Deporte Escolar tivo lugar o pasado venres día 26 de novembro e foi o turno do campo a través.

Os nenos e nenas do cole demostraron ser grandes corredores e corredoras, acadando varios podios.

Destacaron Julia, Nerea, Alejandro e Fabiana nas súas categorías e todos/as o pasaron moi ben, que foi o máis importante.

CARTACES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: ÁLEX GAÑADOR!

O noso Álex foi o gañador do concurso de cartaces contra a violencia de xénero organizado polo CIM da Mancomunidade do Ribeiro para escolares de entre 6 e 12 anos da comarca.   

Noraboa a todos/as porque eran uns cartaces bonitísimos, e especialmente a Álex!

CONTACONTOS NO CINE DE LEIRO

O pasado mércores día 24 de novembro, con motivo da celebración do 25N, tódolos nenos e nenas do cole asistiron a unha sesión de contacontos no cine de Leiro.

Esta actividade foi organizada polos Servizos Sociais Municipais.

CHARLA PARA FAMILIAS "ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS"

O pasado luns día 15 de novembro, tivemos no centro unha charla para pais/nais e outros familiares sobre "Adicción aos videoxogos".

Esta charla enmárcase dentro da Escola de Pais e Nais a través do Plan Director e coa colaboración do Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Ribeiro.

Foi impartida por un experto da Garda Civil en horario de 9:30 a 10:30 horas na aula de música (2º andar do pavillón 2).

UN MAGOSTO DIFERENTE

O pasado luns día 8 de novembro celebramos o Magosto no cole, un Magosto diferente, pero Magosto ó fin e ó cabo.

Pola mañá, ademáis de traballar esta festa nas clases, desfrutamos de visitas guiadas a unha exposición de cogomelos e xogos en relación a este manxar graza á Biblioteca Municipal para rematar a xornada cun xantar típico a base de costela e chourizos asados e castañas tamén asadas.

Aínda que botamos de menos a fogueira e tiznar as nosas caras, pasámolo moi pero que moi ben.

Distribuir contido


by Dr. Radut