Skip to Content

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE O 8M

O pasado luns día 14 de marzo, o alumnado de Primaria participou en dous obradoiros sobre igualdade organizados polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade.

Pasárono xenial entre contos, debuxos...!

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. A MAREA VIOLETA NO COLE.

Nesta ocasión, celebramos o Día Internacional da Muller nas instalacións do centro debido á chuvia, aínda que a idea nicial era facelo na praza do pobo.

Para conmemoralo tódolos nenos e nenas elaboraron debuxos, carteis e frases sobre igualdade, non violencia... que leron a modo de manifesto e, para rematar, cantaron a canción "Todo pode ser".

Esta actividade estivo organizada polos Servizos Sociais Municipais e colaboramos encantados/as.

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O prazo para solicitar a admisión do novo alumnado abrangue do día 1 ó 21 de marzo (incluídos).

Podedes realizar o trámite recollendo e cubrindo os impresos na direción do centro ou a través da web www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

A formalización de matrícula posterior levarase a cabo no mes de xuño.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto telefónico co centro.

DÍA GRANDE DE ENTROIDO NO COLE

O venres 25 de febreiro foi o día grande do Entroido no cole para culminar unha semana moi divertida.

Ó longo de toda a mañá desfrutamos cos vistosos disfraces, fixemos caretas e rematamos cunha batuka tremenda percorrendo os recunchos todos do patio.

Día molón!

Fotos que o demostran adxuntas!

SEMANA DE ENTROIDO: AS MANDAS DA MECA MARIPEPA E O OBRADOIRO DE ORELLAS

A semana do 21 de febreiro foi unha semana especial e divertida no cole grazas ás ordes da meca Maripepa e ó obradoiro de orellas que organizou Maite, a nosa cociñeira, para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria o xoves día 24.

A meca mandounos traer o luns algo diferente nos pés, o martes algo no pescozo, o mércores algo na cabeza, o xoves acudir en pixama e o venres disfrazarnos do que nos apetecera e desfrutar da batukada.

Vaia días!

Mirade, mirade as fotos adxuntas!

Distribuir contido


by Dr. Radut