Skip to Content

CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ademáis de traballar ó autor homenaxeado nas aulas nos días previos ó 17 de maio, os/as peques do cole poideron desfrutar dun contacontos teatralizado o martes día 24 de maio grazas á Biblioteca Municipal e pasárono xenial.

PROBA DE ORIENTACIÓN EN RIBADAVIA

O pasado xoves día 12 de maio tivo lugar unha xornada de Deporte Escolar en Ribadavia, neste caso de Orientación.

Pasárono xenial e Sofía, Raquel e Diego acadaron podio.

Noraboa!

ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2022/2023

Todo o alumnado que solicitou praza no centro para o vindeiro curso está admitido.

A matrícula deberá formalizarse entre o 21 e o 31 de xuño.

DÍAS NON LECTIVOS NO MES DE MAIO

No mes de maio, os martes día 3 e día 17 non son días lectivos. O primeiro deles por ser festivo local  (Festividade da Santa Cruz) e o seundo por tratarse dun festivo autonómico (Día das Letras Galegas).

OBRADOIRO "PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS"

O xoves día 28 de maio, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria pasárono en grande e aprenderon moito sobre primeiros auxilios grazas ó persoal do Sergas que organizou o obradoiro "Pupas, sustos e outros desgustos".

Fixeron curas, reanimaron a peluches en parada cardiorrespiratoria... e ata cantaron e bailaron!

Distribuir contido


by Dr. Radut