Skip to Content

INSTRUCIÓNS REGULADORAS DO TRANSPORTE E DO COMEDOR

Acaban de sair publicadas as Instrucións que regulan os servizos de transporte e comedor escolares para o vindeiro curso.

No mes de setembro serán entregados ás familias os impresos relativos ó comedor, así como tramitadas as solicitudes novas de uso de transporte escolar ou creación de novas paradas (entre outras).

Para calquera dúbida, poderedes poñervos en contacto coa nova directora a partir do día 1 de setembro.

BOAS VACACIÓNS!

No nome de todo o profesorado do centro e en especial da miña parte, desexámosvos a todos/as unhas felices vacacións e a Iago, Diego e Alejandro desexámoslle de todo corazón unha nova etapa chea de éxitos!

 

FIN DE CURSO

O pasado mércores día 22 de xuño rematou o curso. Un curso marcado polo covid que nos deu sensabores e alegrías a partes iguais.

Para festexar o seu final fixemos un pequeno festival con cancións e bailes e entregámoslle ós alumnos que marchan para o instituto os seus diplomas e uns detalliños.

Foi un día divertido e diferente!

HORARIO DE ATENCIÓN DA DIRECIÓN A PARTIR DO DÍA 22 DE XUÑO

O día 27 de xuño, o horario de atención será de 11:30 a 13:30 horas.

Os días 28 e 30 de xuño e o día 1 de xullo, o horario de atención será de 9:30 a 12:30 horas.

O día 23 non estará a directora e os días 24 e 29 de xuño o centro non abrirá por tratarse de dous días festivos (o día 24 é festivo a nivel educarivo).

A partir do día 1 de xullo o centro permanecerá pechado.

REMATE DO CURSO ESCOLAR: TITORÍAS E ENTREGA DE NOTAS

O mércores día 22 de xuño remata o curso escolar. O horario do centro será o de tódolos días, pero faremos algunha actividade divertida que aínda non temos concretada, polo que non será necesario que traian materiais escolares, xa que só coa merenda é suficiente.

Distribuir contido


by Dr. Radut