Skip to Content

NOVAS MEDIDAS A TOMAR NOS CENTROS EDUCATIVOS ANTE A SITUACIÓN DE PANDEMIA

Carta enviada ás familias como arquivo adxunto e resumo como imaxe.

A POR UN NOVO TRIMESTRE!

Logo de superar con éxito os primeiros catro meses de curso, enfrontámonos ó reto dun novo trimestre e dunhas semanas difíciles debido á pandemia que nos afecta.

Ánimo e a seguir sumando tempo!

FELICES FESTAS!

No nome de todo o profesorado do centro, desexámosvos que pasedes unhas felices festas!

BO NADAL!

ÚLTIMO DÍA DE COLE ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL

Vaia día estupendo pasamos!

Hoxe, luns 21 celebramos por todo o alto, aínda que dun modo diferente a anos anteriores, que veñen as vacacións de Nadal.

Primeiro fomos ó Cine de Leiro ver a bonita película Encanto, logo recibimos por sorpresa no cole a Papá Noel e ós seus elfos e por último compartimos agasallos de corazón con tódolos compañeiros e compañeiras.

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

O pasado luns día 13 de decembro, os nenos e nenas de 5 anos e 1º e 2º de Primaria puideron falar nada menos que con Papá Noel dende a aula CEMIT do Concello!

Foi unha experiencia marabillosa!

Distribuir contido


by Dr. Radut