Vaia día estupendo pasamos!
Hoxe, luns 21 celebramos por todo o alto, aínda que dun modo diferente a anos anteriores, que veñen as vacacións de Nadal.
Primeiro fomos ó Cine de Leiro ver a bonita película Encanto, logo recibimos por sorpresa no cole a Papá Noel e ós seus elfos e por último compartimos agasallos de corazón con tódolos compañeiros e compañeiras.
Os/as peques de Infantil regaláronnos galletas que fixeron onte, os nenos/as de 1º e 2º de Primaria fixéronnos bailar coa canción do Apalpador, os nenos/as de 3º e 4º de Primaria agasalláronnos con debuxos e postais que elaboraron nestes días e os/as maiores bailaron para nós unha canción de Nadal moi chuli.
Ah! E xantamos ricas hamburguesas elaboradas na súa totalidade por Maite e turrón de chocolate.