Skip to Content

BO ENTROIDO!

Logo de momentos malos por mor da pandemia, puidemos desfrutar de algo de festa no cole e desexamos que teñades todos/as un BO ENTROIDO!

NOVAS XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR

Os pasados martes 22 e xoves 24 de febreiro, tiveron lugar dúas xornadas de multideporte para os nenos e nenas de 7 a 10 anos nas que participaron moi animados/as.

Estas xornadas celebráronse no pavillón de Ribadavia dentro do Proxecto Xogade (Deporte Escolar) no que participamos curso tras curso.

A SEMANA DA PAZ NO COLE

Ó longo da semana do 31 de xaneiro realizamos diferentes actividades de aula para conmemorar o Día Mundial da Paz e da Non Violencia que se celebra o 30 de xaneiro.

Esta semana culminou o xoves a cargo de Sabela Gago e os seus contos e actividades.

ALERTA COVID: REMATE DA CUARENTENA DE GRUPOS

O vindeiro luns poderán incorporarse ó centro educativo o alumnado pertencente ás aulas corentenadas que xa teña a alta de haber pasado a enfermidade ou que non a padecera.

Como se cita a continuación foi confirmada esta incorporación por parte de Sanidade: "Se non teñen a pauta completa, poderanse incorporar ó 11º día e poderán acudir ó comedor con normalidade".

ALERTA COVID: CORENTENA DE GRUPOS

Atopámonos con varios casos positivos en covid no alumnado e no profesorado, de modo que dende Sanidade decidiron corentenar os grupos de Infantil e 5º e 6º de Primaria, polo que os nenos/as deses grupos non acudirán ó centro dende mércores día 19 de xaneiro (incluído) e ata que os/as avisen da Central de Seguimento de Contactos. Tamén foi corentenado o grupo de 3º e 4º de Primaria, polo que os nenos/as dese grupo non acudirán ó centro dende venres día 21 de xaneiro (incluído) e ata que os/as avisen da Central de Seguimento de Contactos.

Distribuir contido


by Dr. Radut