Skip to Content

ALERTA COVID: REMATE DA CUARENTENA DE GRUPOS

O vindeiro luns poderán incorporarse ó centro educativo o alumnado pertencente ás aulas corentenadas que xa teña a alta de haber pasado a enfermidade ou que non a padecera.

Como se cita a continuación foi confirmada esta incorporación por parte de Sanidade: "Se non teñen a pauta completa, poderanse incorporar ó 11º día e poderán acudir ó comedor con normalidade".

Segundo estas indicacións ó grupo de Infantil e quinto e sexto de Primaria corresponderíalle incorporarse o sábado (o cal pasa ó luns) e ó grupo de terceiro e cuarto de Primaria corresponderíalle incorporarse o luns.

NON poderán incorporarse ó centro os nenos/as que sexan positivos/as en covid e aínda estén pasando a enfermidade, aqueles/as que manifesten síntomas dela e se atopen á espera de probas ou os/as que teñen algunha persoa convivinte á espera de probas ou con resultado positivo nestas.



page | by Dr. Radut