Skip to Content

FINAL DE TRIMESTRE E CURSO

O vindeiro martes día 22 de xuño remata este curso escolar. A programación do día é a seguinte:

- Visita ó Bosque Ridimoas para o alumando de primeiro a cuarto de Primaria de 10:00 a 13:00 horas.

- Ruta de sendeirismo pola contorna de Leiro para o alumnado de quinto e sexto de Primaria de 10:00 a 13:00 horas.

- Actividades lúdicas na Aldea Cavernícola para o alumnado de Infantil a partir das 12.30 horas.

- Xantar de todo o alumnado e profesorado na Aldea Cavernícola a partir das 13:30 horas.

- Remate de actividades e saída ás 15:30 horas.

TALLER SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO

Este venres día 18 de xuño, os nenos e nenas de terceiro e cuarto de Primaria desfrutaron dun divertido taller sobre Igualdade de Xénero a cargo de "Tacto Contacto".

EXCURSIÓN DE FINAL DE ETAPA

Este venres día 11 de xuño desfrutamos dunha excursión a Vigo para despedir o curso e o centro.

Pola mañá fomos ó parque de actividades Humor Amarillo e pola tarde gozamos dunhas horas de sol e praia en Samil.

Fermoso recordo para o alumnado de quinto e sexto de Primaria!

MONICREQUES DE PAPEL

O pasado mércores día 9 de xuño, os nenos e nenas de primeiro e segundo de Primaria desfrutaron dun obradoiro de construcción de monicreques de papel a cargo de Anxo de Monicreques Seisdedos e grazas á colaboración da Biblioteca Municipal.

A actividade foi divertidísima e o resultado foi fermosísimo!

Distribuir contido

by Dr. Radut