Skip to Content

A PRIMAVERA CHEGOU CON FORZA

Que ben se pasa no patio con estes días de solciño!

Mirade, mirade as fotos!

SÉTIMO MES DE CURSO SUPERADO CON ÉXITO!

...e alá van xa sete meses de curso! E sete meses libres de Covid no cole!

Moitas grazas a todos/as polos coidados!

OBRADOIROS DE TACTO CONTACTO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria vai desfrutar ó longo deste trimestre de diferentes obradoiros sobre igualdade, autoestima... e tamén dentro do mesmo proxecto, os peques de 1º e 2º de Primaria pasárono xenial cun contacontos e actividades o pasado mércores día 7 deste mes.

Estas actividades correrán a cargo da Asociación Tacto Contacto.

TEATRO PARA OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Para marchar de vacacións de Semana Santa, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria tiveron a sorte de facelo cun moi bo sabor de boca cunha obra de teatro moi participativa da que desfrutaron grazas á Biblioteca Municipal.

Boas vacacións!

SEXTO MES DE CURSO SUPERADO

Moitas grazas por coidarvos e coidarnos un mes máis!

Distribuir contido


by Dr. Radut