Skip to Content

A FESTA DA VENDIMA 2017

Na edición dixital do diario La Región podedes atopar as fotos da Festa da Vendima deste ano 2017, onde saen guapísimas algunhas mamás e nenas do cole.

Aquí tendes o enlace: 

http://www.laregion.es/album/o-ribeiro/festa-da-vendimia-leiro-imaxes/20170827192620732464.html

ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS (AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR)

ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA SER BENEFICIARIO DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2017-2018:

- 1º EP: Tódalas solicitudes presentadas foron admitidas, excepto a referida a material escolar da alumna Vanesa Ledo Rodríguez.

- 2º EP: Tódalas solicitudes presentadas foron admitidas.

- 3º EP: Tódalas solicitudes presentadas foron admitidas, excepto a referida a material escolar da alumna Patricia Helena Cid Álvarez.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017-2018

Xa está publicada a Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Podedes ver o calendario no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO: ORGANIZACIÓN

Un novo curso remata e a organización para os seus últimos días é a seguinte:

- Martes 20: reunión conxunta de pais e nais de alumnado de Educación Infantil na aula ás 14:30 horas para recoller notas, traballos...

- Venres 23 de xuño: entrega de notas a pais e nais de alumnado de Educación Primaria en cada titoría de 9:15 a 10:30 horas e Festival de Fin de Curso no salón multiusos do centro ás 11:00 horas.

- Luns 26 de xuño: titoría de pais e nais de alumnado de Educación Primaria en cada aula de 10:30 a 11:30 horas, previa cita.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Xa temos lista a última dose de diversión para rematar o curso: o festival de fin de curso!

Nos ensaios andamos e ben ilusionados/as.

Non volo podedes perder!

Será o venres día 23 de xuño ás 11:00 horas do salón multiusos do colexio.

Ademáis de desfrutar con acrobacias, interpretacións musicais e bailes, poderedes emocionarvos co musical do Rey León preparado polos/as máis maiores e os/as máis pequenos/as do cole e coa graduación dos nenos e nenas de 6º curso.

E logo... a descansar e aproveitar as vacacións!

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut