Skip to Content

ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO: ORGANIZACIÓN

Un novo curso remata e a organización para os seus últimos días é a seguinte:

- Martes 20: reunión conxunta de pais e nais de alumnado de Educación Infantil na aula ás 14:30 horas para recoller notas, traballos...

- Venres 23 de xuño: entrega de notas a pais e nais de alumnado de Educación Primaria en cada titoría de 9:15 a 10:30 horas e Festival de Fin de Curso no salón multiusos do centro ás 11:00 horas.

- Luns 26 de xuño: titoría de pais e nais de alumnado de Educación Primaria en cada aula de 10:30 a 11:30 horas, previa cita.

- Martes 27 e mércores 28: traballo do profesorado. Apertura do centro de 10:00 a 13:30 horas.

- Xoves 29 e venres 30: peche do centro por festivo local.

- Luns 3 e martes 4 de xullo: apertura do centro de 10:00 a 13:00 horas.

 

Recordade que rematan os seguintes prazos:

- Entrega de solicitudes de axuda para libros e material: venres 23 de xuño.

- Matrícula de novo alumnado: venres 30 de xuño (no noso caso, o luns 3 de xullo).



page | by Dr. Radut