Skip to Content

CONTACONTOS MUSICAL "COCIÑANDO MÚSICA"

O pasado venres día 28 de abril, grandes e pequenos/as do cole puidemos desfrutar cun contacontos moi animado, o Capitán Garfo, o cal nos presentou o seu espectáculo "Cociñando Música".

O Capitán Garzo é un cociñeiro que toca diferentes instrumentos e canta tan ben, que nos fixo cantar, bailar e dar palmas durante case unha hora seguida.

Esta actividade enmarcouse dentro das programadas para celebrar o Día do Libro (abril) e a Semana da Poesía (marzo) e realizouse grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Leiro e do seu proxecto "Ler conta moito".

 

XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR

Ó longo de todo o curso, o centro participou en diferentes xornadas de Deporte Escolar consistentes basicamente en compartir experiencia con nenos e nenas doutros centros da zona, sendo a última delas o pasado xoves día 27 de abril, na que alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria puideron practicar diferentes disciplinas no pavillón municipal de Ribadavia.

Pero non pensedes que remataron, pois aínda queda unha xornada para iniciar nesta actividade ós/ás máis cativos/as de 1º e 2º de Educación Primaria e a xornada de clausura que terán lugar no mes de maio. 

CELEBRANDO O DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Na semana do 20 e marzo celebrouse o Día da Árbore e da Auga e non iamos perdernos esta celebración.

Logo de traballar no conto "O amor de Rozabales" durante toda a semana, o venres día 24 prantamos entre tod@s un castiñeiro ó que lle puxemos de nome Antonia. E non vexades como medra!

 

(Ver imaxes na galería)

CHARLA O MEL DE GALICIA

O pasado mércores día 22 de marzo, os/as alumnos/as e mestres/as de Educación Primaria tiveron a oportunidade de coñecer máis profundamente o mundo do mel, en concreto do mel producido en Galicia, a través dunha charla que se levou a cabo no colexio.

Os/as nenos/as puideron ademáis probar a roupa que empregan os/as apicultores/as e degustar este mel que estaba moi rico.

 

(Ver imaxes na galería)

O PROGRAMA DE TELEVISIÓN ESTÁ LISTO!

Recordades que no cole de Leiro se cocía...un programa de televisión?

Pois si! Xa está na pota!

O día 6 de marzo collemos rumbo a Ourense, concretamente ó plató de Telemiño que está ubicado no Parque Tecnolóxico, e alí fomos presentadores/as e público do programa "Xornal Escolar".

@s protagonistas foron Iago, Érika, Lucía e o profe Óscar, que antes de verse as caras coas cámaras, tiveron que pasar por maquillaxe para estar guap@s guap@s.

Logo sometéronse a preguntas, adiviñas...mentres @s demáis nos fartabamos de apaludir.

Distribuir contido


by Dr. Radut