Skip to Content

INSTRUCCIÓN 4/2017 DO 30 DE MAIO SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2017-2018

BENEFICIARIOS/AS: Alumnado de Educación Infantil e Primaria.

IMPRESOS DE SOLICITUDE: Os impresos son os que se envían ou podedes recoller no centro (ANEXO II. MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS) e presentarase unha única solicitude/impreso por unidade familiar.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN: antes do día 11 de setembro (preferiblemente entre os días 13 e 28 de xuño e os días 1 e 8 de setembro) na dirección do centro.

CÁLCULO DA RENDA: Exercicio fiscal 2016.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

FOTOS DE CURSO DO ALUMNADO

Xa tendes á vosa disposición no centro as fotos de todo o alumnado (tanto individuais como grupais) que lle sacou Alejandra.

Para levalas, só será necesario que traiades un pendrive ou tarxeta de memoria.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 E XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O NOVO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Recordade que o prazo ordinario de matrícula para o curso 2017-2018 abrangue do martes día 20 ó  venres día 30 de xuño.

E se sodes pais/nais/titores(as) de nenos/as que vaian matricularse en Educación Infantil, anotade nas axendas que o xoves día 15 de xuño de 10:30 a 11:30 horas poderedes participar na xornada de portas abertas que como cada curso organiza o centro.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O pasado venres día 6 de xuño, todo o alumnado e profesorado do cole puxemos rumbo á zona de Mondariz.

Alí puidemos visitar o Castelo de Sobroso, unha construcción con moito encanto e maxia que nos encantou e dende a cal puidemos desfrutar dunhas vistas impresionanates, o Balneario de Mondariz, onde saboreamos  no  Palacio da Auga unha auga un tanto especial, e tamén tivemos tempo de xantar e xogar nun fermoso parque ó pé do río.

Distribuir contido


by Dr. Radut