Skip to Content

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Dentro das xornadas de Deporte Escolar do curso, tivo lugar o xoves día 18 de xaneiro o Campionato Comarcal de Campo a través no que participaron os nenos e nenas do noso cole, quedando como verdadeiros campións e campionas.

Este tivo lugar en Ribadavia e, aínda que o frío non animaba moito, deron todo de sí e acadaron varios postos do podio nas diferentes categorías.

 

(Ver imaxes na galería)

FELICES FESTAS!

O PROFESORADO DO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN DE LEIRO DESÉXAVOS A TÓDOLOS ALUMNOS E ALUMNAS E FAMILIAS UN BO NADAL.

PREPARANDO O ANSIADO FESTIVAL DE NADAL

Ó longo das semanas previas ó remate do trimestre dedicamos parte do tempo a ensaiar as actuacións do Festival de Nadal, entre elas a obra de teatro "La foto de Navidad" que representaron tódolos alumnos e alumnas de Educación Primaria.

 

ESTÁ CHEGANDO O NADAL Ó COLE DE LEIRO

No cole de Leiro xa cheira a Nadal, e senón que llo pregunten a eses Reis Magos tan churrusqueiros que adornan a entrada dun dos edificios do centro.

Eles recórdannos tamén que estamos a piques de rematar o trimestre e convídanvos a asistir ó Festival que faremos o xoves día 21 de decembro ás 11:00 horas no ximnasio, non sen antes recoller as notas a víspera de 14:45 a 15:30 horas.

CHARLA "SOBREPROTECCIÓN. A IMPORTANCIA DA AUTONOMÍA"

O pasado mércores día 13 de decembro, dentro das actividades da Escola de Nais e Pais, levouse a cabo unha interesante charla titulada "Sobreprotección. A importancia da autonomía".

Dita charla foi impartida por Julia, a psicóloga do SAT, e nela puideron participar pais/nais e mestres/as de alumnado de entre 3 e 7 anos.

Distribuir contido


by Dr. Radut