Skip to Content

NENOS E NENAS DE 1º E 2º NAS XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria puideron desfrutar dunha xornada de Deporte Escolar en Ribadavia para irse introducindo na práctica deportiva e convivir con iguais dos colexios da zona.

Esta xornada tivo lugar o martes 8 de maio e pasárono xenial.

 

(Ver imaxes na galería)

CHARLA PARA FAMILIAS "OS PERIGOS DE INTERNET"

O vindeiro martes día 15 de maio, terá lugar ás 16:00 horas na aula de informática do centro, unha charla para pais/nais/irmáns de alumnado sobre os perigos de Internet.

Nela aboradaranse as problemáticas surxidas do uso sen control de Internet -especialmente das redes sociais- por parte de nen@s e adolescentes e a forma de control que deberán exercer os pais.

Será impartida por un garda civil experto no tema e incluirase dentro da Escola de Nais e Pais.

Estades tod@s convidad@s!

BOCA-ORELLA: SOLUCINANDO CONFLITOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil foi formado para que entre eles/as sexan capaces de dialogar e resolver os seus conflitos dun modo pacífico.

Na aula colocouse unha imaxe dunha boca e unha imaxe dunha orella, xunto ás que deben colocarse para, por turnos, falar e escoitar do problema que tiveron.

Todo un éxito, xa que entenderon o funcionamento á prefección e emprégano dun modo moi construtivo.

Arriba eses/as peques!

 

(Ver imaxes na galería)

MEDIACIÓN: SOLUCIONANDO CONFLITOS PACIFICAMENTE

A mediación é unha estratexia de resolución pacífica de conflitos entre iguais.

Neste proceso, actúan como axentes, mediadores, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que así o solicitaron e que foron formados para tal fin.

Na entrada do centro colocouse un buzón onde depositar as solicitudes de mediación e foi acondicionada a aula que servía de almacén para levar a cabo as reunións.

Con esta estratexia buscamos que diminúan os problemas entre o alumnado do centro e que, de surxir, sexan os nenos e nenas capaces de resolvelos.

A traballar!

MANUALIDADES NA RESIDENCIA DE MAIORES

Para celebrar a chegada da primavera, todos os nenos e nenas do cole foron convidados a participar xunto cos maiores da residencia Querqus a pasar unha divertida mañá realizando manualidades.

Xeracións mesturadas, elaboraron unhas fermosas bolboretas decorativas.

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut