Skip to Content

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado xoves día 21 de xuño, levouse a cabo un fermoso festival para clausurar o curso.

Houbo actuacións de canto, baile e acrossport, ademáis dunha pequena homenaxe ós alumnos/as de 6º curso que comezarán en breve unha nova etapa, coas que desfrutaron ó longo dunha hora familiares, amigos/as e residentes da residencia de maiores Querqus.

Este festival versou sobre catro países do mundo: Hawai, Portugal, Estados Unidos e A India e en torno a eles xiraron as diferentes actuacións.

Logo desta viaxe, só nos queda desexarvos unhas boas vacacións!

 

PINTURA DUN MURAL NO PATIO DO CENTRO

O pasado martes día 19 de xuño, todo o alumnado do centro xunto con tres monitores/as do colectivo artístico Espacio Matrioska, decoraron cun fermoso mural unha das paredes do patio de arriba do colexio.

Dito mural foi elaborado a partir dunha historia deseñada polos propios/as nenos/as na que as protagonistas eran unha balea e unha rata.

Puxéronse perdidos/as de pintura, pero pasárono xenial!

Sen dúbida, esta foi unha actividade para repetir.

 

(Ver imaxes na galería)

ÚLTIMA SEMANA DE CURSO E HORARIO NON LECTIVO

Esta semana remata o curso escolar e a programación é a seguinte:

- Luns 18 de xuño: xornada de portas abertas para o alumnado de Educación Infantil que comezará no centro o vindeiro curso de 10:30 a 11:45 horas.

- Martes 19 de xuño: actividade creativa de pintura dun muro do patio con todo o alumnado durante toda a mañá.

- Mércores 20 de xuño: entrega de notas e titorías ás familias do alumnado de Educación Primaria e reunión conxunta de familias do alumnado de Educación Infantil de 14:30 a 15:15 horas.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A VIGO

O pasado venres día 15 de xuño, puidemos desfrutar do sol por terras de Vigo todos/as xuntos/as.

Primeiro visitamos a praia de Samil e logo o Museo do Mar, onde coñecemos de preto o oficio da pesca, adentrámonos no mundo dos peixes e ata fixemos unha lámpada antiga!

A verdade é que foi unha excursión moi bonita que puxo o broche perfecto ó curso.

 

(Ver imaxes na galería)

ACTUACIÓN DA MAGA LEO LEIÑO

O pasado xoves día 7 de xuño, puidemos desfrutar no colexio do marabilloso espectáculo de maxia da maga Leo Leiño grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Leiro.

A maxia volveunos a todos/as cativos/as e transportounos a un mundo de ilusión e fantasía co que o pasamos xenial.

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut