Skip to Content

O APAIXOANTE MUNDO DOS DINOSAURIOS

No cole de Leiro somos moi curiosos/as e encántannos os dinosaurios. Tanto que sabemos mogollón de cousas sobre eles e traballámolos con plena dedicación.

Para mostrar o noso traballo os uns/unhas ós outros/as, o último día do trimestre dedicámolo a unha exposición sobre estas fantásticas criaturas, a cal foi presentada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, e a participar nun divertido xogo de preguntas sobre elas.

Bueno, e tamén a escoitar unha canción super chula que nos cantaron os nenos e nenas de Infantil.

A verdade é que foi un remate de trimestre chupiguai!

RECIBINDO A PRIMAVERA

Para festexar a primavera e traballar contidos sobre as prantas, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria xunto con Diego, Iker, Dani e Hugo adornaron as xardineiras da zona de entrada do patio con pensamentos e ouras prantiñas con flor.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Coma tódolos anos, o pasado mércores día 21 de marzo, celebramos no cole o Día da Árbore e da Auga.

Nesta ocasión prantamos un salgueiro ó que lle puxemos de nome "Hojitas" e o cal coidaremos con moita ilusión.

Ademáis participamos na campaña de protección dos nosos montes denominada "Cousa de Raíces" (http://cousaderaices.org/). Podedes ver a nosa foto nese enlace.

 

 

REMATE DO 2º TRIMESTRE. ORGANIZACIÓN.

O vindeiro venres día 23 de marzo remata o 2º trimestre do curso.

A organización é a seguinte:

- Xoves día 22 de marzo: reunión coas familias de Educación Infantil ás 14:45 horas na aula.

- Venres día 23 de marzo: entrega de notas ós/ás alumnos/as de Educación Primaria.

- Martes día 3 de abril: comezo do 3º trimestre e titoría coas familias de Educación Primaria ás 14:45 horas en cada aula.

INCIDENCIA CO TELÉFONO

O teléfono do centro non está funcionando correctamente, polo que para contactar con nós deberedes facelo persoalmente ou a través do correo electrónico.

Distribuir contido


by Dr. Radut