Skip to Content

TALLER "A MEDIACIÓN COMO MÉTODO PARA RESOLVER CONFLICTOS PACIFICAMENTE"

O pasado xoves día 22 de febreiro tivo lugar no centro un taller para familias denominado "A mediación como técnica para resolver conflictos pacificamente" incluído no proxecto que se está a levar a cabo sobre o tema co alumnado e profesorado.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2018-2019

Dende o 1 ó 20 de marzo está aberto o prazo para reservar praza para o vindeiro curso académico.

Para tal fin, poderedes recoller os impresos na dirección do centro en horario de 9:30 a 10:30 de luns a venres ou facer directamente a reserva de forma telemática na páxina web www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

Toda a información atoparédela no taboleiro de anuncios do centro.

CHEGOU O ENTROIDO A LEIRO!

O venres día 9 de febreiro festexamos por todo o alto o Entroido.

Debido ó mal tempo tivemos que quedar no cole, pero eso non impediu que o pasaramos xenial.

Pola mañá puxémonos guapos/as cun taller de maquillaxe despois de disfrazarnos e pola tarde, logo dun xantar típico destas datas, desfrutamos da compañía das familias e saboreamos os ricos postres que elaboraron e agradecémosllo cun baile preparado polas nenas de 5º e 6º curso de Primaria e cunha canción de todo o alumnado á que lle puxo unha letra "moi carnavaleira" o mestre de Música, José Antonio.

CHARLA "VIOLENCIA DE XÉNERO"

O pasado luns día 5 de febreiro asistimos á última das charlas para alumnado de 5º e 6º curso de Primaria enmarcardas dentro do Plan Director, a cal versou sobre un tema tan importante como é a violencia de xénero.

 

Ese mesmo día, nun principio coa mesma temática, tivo lugar a charla para familias, pero debido ós intereses dos pais e nais asistentes, tratouse o tema das drogas.

 

O DÍA DA PAZ NO COLE DE LEIRO

O martes día 31 de xaneiro conmemorouse o Día da Paz e no cole celebrámolo cunha mostra de contos sobre valores explicados polos nenos e nenas de 3º e 4º curso de Primaria, coa presentación dos alumnos e alumnas que exercerán como mediadores e mediadoras e cunha canción conxunta de todo o alumnado sobre o tema.

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut