Skip to Content

Responder ó comentario

CHEGOU O ENTROIDO A LEIRO!

O venres día 9 de febreiro festexamos por todo o alto o Entroido.

Debido ó mal tempo tivemos que quedar no cole, pero eso non impediu que o pasaramos xenial.

Pola mañá puxémonos guapos/as cun taller de maquillaxe despois de disfrazarnos e pola tarde, logo dun xantar típico destas datas, desfrutamos da compañía das familias e saboreamos os ricos postres que elaboraron e agradecémosllo cun baile preparado polas nenas de 5º e 6º curso de Primaria e cunha canción de todo o alumnado á que lle puxo unha letra "moi carnavaleira" o mestre de Música, José Antonio.

Os disfraces foron cedidos pola ANPA do centro, á cal llo agradecemos moito.

 

E agora...a desfrutar duns días de festa sen cole! (Pero recordade que voltamos á carga o xoves 15).

 

(Ver imaxes na galería)

Responder



by Dr. Radut