Skip to Content

REMATE DO 1º TRIMESTRE

O venres día 21 de decembro remata o 1º trimestre e comezan as vacacións de Nadal.

A organización desa última semana é a seguinte:

- LUNS 17 ÁS 12:30 HORAS: Videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria na aula CEMIT do Concello.

- MARTES 18 ÁS 14:45 HORAS: Reunión conxunta coas familias de Educación Infantil na aula.

- XOVES 20 ÁS 14:45 HORAS: Entrega de notas ás familias de Educación Primaria nas aulas correspondentes.

- VENRES 21 ÁS 11:00 HORAS: Festival de Nadal.

CONTINUACIÓN CHARLA EMOCIÓNS PARA PAIS/NAIS

A continuación da charla levada a cabo o día 22 de novembro, será o xoves día 10 de xaneiro ás 13:45 horas na aula de informática.

CHARLA PARA PAIS/NAIS SOBRE EMOCIÓNS

O vindeiro xoves día 29 de novembro ás 16:00 horas terá lugar na aula de informática do centro unha charla para pais/nais/familiares de alumnado sobre o tema "Emocións en nenos/as: expresión , xestión e control". Esta charla enmárcase dentro da Escola de Nais e Pais e será impartida pola orientadora e unha profesora do IES Chamoso Lamas do Carballiño especialistas no tema.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO: CALENDARIO

Este curso deberán renovarse os membros do Consello Escolar do centro, de modo que se calquera nai/pai quere formar parte deste como representante deste sector da comunidade educativa, deberá presentar a súa candidatura na dirección do centro ata o mércores 21 ás 15:30 horas, cumprimentando o documento que se lle facilitará.

O listado provisional de candidaturas exporanse no taboleiro de anuncios do centro o xoves día 22 ás 9:30 horas e o prazo de reclamación a estas será ata o venres día 23 as 15:30 horas.

SAMAÍN-MAGOSTO

O pasado venres día 2 de novembro foi un día de festa plena.

Pola mañá celebramos o Samaín e pola tarde festexamos o Magosto.

Tódolos nenos e nenas puxeron os seus mellores e terroríficos disfraces e foron á residencia de anciáns do pobo lerlle contos de medo e recoller ricas chucherías, despois de crear monstruos para decorar os corredores do centro.

Logo tocou o turno dun xantar típico destas datas consistente en empanada de polo, chourizos asados con pan e leite fritido.

Distribuir contido


by Dr. Radut