Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Tendes toda a información no taboleiro de anuncios do centro e no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Recordade que o prazo para presentar a documentación remata o día 23 de xuño.



page | by Dr. Radut