Skip to Content

FINAL DO 2º TRIMESTRE

Nuns días remata o 2º trimestre e comezan as vacacións de Semana Santa.

Para finalizar o trimestre, haberá reunión de toda a Educación Infantil o martes día 4 de abril ás 15:00 horas na aula.

Para o alumnado de Educación Primaria, a entrega de notas será o venres día 7 de abril e a titoría de pais/nais será o martes día 18 de abril de 15:00 a 16:00 horas en cada aula e sen cita previa.

O último día de clases será o venres día 7 de abril (horario normal) e estas retomaranse o martes día 18 de abril.

BOAS VACACIÓNS!

PROGRAMA DE TELEMIÑO NA INTERNET

Podedes acceder ó contido íntegro do programa "Xornal Escolar" de Telemiño no enderezo:

www.teleminho.com/video/xornal-escolar/xornal-escolar-250317/20170327142020024230.html.

ALERTA METEOROLÓXICA POR NEVE

Ó longo de mañá mércores e xoves, a nosa comunidade está en alerta por neve.

Esto afectará ó transporte escolar en moitos concellos de Galicia, pero non é o caso de Leiro, onde inicialmente se levarán a cabo as actividades lectivas con normalidade.

Polo tanto, o colexio contará con transporte de ida e volta coma tódolos días, pero rógase ás familias que estén comunicadas en todo momento por se surxe algún imprevisto relacionado co mal tempo.

IMPROVISADOS CONTACONTOS

E mentres uns e outras traballaban elaborando ricas orellas, Eliskas e Andoni encargábanse na biblioteca de contarlle contos ós máis pequenos e pequenas do cole para entretelos/as, pois o traballo tivo que organizarse en dous grupos.

Vaia dous fabulosos contacontos!

 

(Ver imaxes na galería)

OBRADOIRO DE ORELLAS DE ENTROIDO

O venres día 24 de febreiro, dentro das actividades programadas para festexar o Entroido, tódolos nenos e nenas do cole puideron aprender a elaborar para degustar posteriormente o postre típico desta festa: as "orellas de carnaval".

Uns amasaban boliñas, outras estiraban a masa, uns botaban fariña para facilitar o traballo, outras colocaban as orellas nas bandexas de forno...e ninguén estaba quieto ou só mirando.

Grazas ás indicacións e á paciencia de Sonia, Conchita e Maite, o postre quedou riquísimo.

 

(Ver imaxes na galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut