You are hereEducación Física

Educación Física


Materiais Educación Física sticky icon

Boa tarde a todos e todas!

Quería darvos un aviso: estes días non  tiredes materiais coma botellas, cartóns de leite, chapas e demais envases que vexades polas vosas casas.

O martes 14, sairemos de dúbidas e veremos para que os imos empregar!

Coidádevos moito!

Borja Varela

Mestre Educación Física

Xogos da corentena sticky icon

 

 Ola! O voso mestre de Educación Física rétavos durante os vindeiros días, pois ides ter tempo a darlle á cabeciña, e ao corpo! 

Como vos gusta tanto xogar e, tamén, enxeñar, imos inventar unha morea de xogos para o noso cole e practicar xuntos á volta. 

Pero non pensedes que iso é tan sinxelo…vexamos! 

  • • 1º: PENSA, INVENTA ou MODIFICA un xogo ou modalidade deportiva. Ah..! Fuxe dos xogos que xa existen ou xa sabemos, procuremos algo novo! 
  • • 2º: Recolle as NORMAS dalgunha forma ( escríbeas nun papel, nun documento, grávate dicíndoas, ilústraas). 
  • • 3º: Aporta algunha REPRESENTACIÓN GRÁFICA do xogo (fotografía, vídeo, debuxo...). 
  • 4º: COMPARTE na aula virtual do cole o teu documento, video, foto etc..  premendo "aquí".

        usuario: xogos

        contrasinal: tradicionais

 

Podedes facer xogos tanto de interior como de exterior, aproveita todo o espazo e non deixes que estar no salón te limite.. 

Estaremos desexando practicar esas ideAZAS que terán o seu recoñecemento! 

Coidádevos moito! 

Borja. 

Suxerencias para ver

Por desgraza, nas próximas semanas a nosa actividade física ou participación nos nosos equipos vaise ver limitada. Non vos preocupedes, aquí vai unha pequena solución!

Dende a materia de Educación Física, fágovos chegar unha serie de suxerencias para aproveitar nestes días nos que imos pasar tanto tempo nas nosas casas:

- Campeones

- Quiero ser como Beckham

- Titanes, hicieron historia

- Invictus

- Space Jam

- Billy Elliot

- Carros de fuego

- Coach Carter

- 100 metros

- Million Dollar Baby

- Everest

- The Dawn Wall (Documental)

- Informe Robinson: Iñaki Ochoa, una vida entregada a la montaña (Documental)

 

Espero que estas achegas sexan de proveito.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar