You are hereRecomendámosche

Recomendámosche


INFORMACIÓN

Ola, lembramos a toda a comunidade educativa que grazas ao programa MEIGA pertencemos á Rede de Bibliotecas de Galicia. Desde este enlace, podedes acceder a un abanico de múltiples posibilidades xa que vos dará a coñecer tanto o catálogo da nosa como a de todas as bibliotecas da nosa contorna, coma as do resto das da xeografía galega que estean neste mesmo programa.

Saúdos desde Biblioeloisa.

Magosto

   En colaboración cos outros departamentos do colexio, celebramos o magosto dun xeito diferente a outros anos por non poder estar todos xuntos, pero, de todas formas, pasámolo igualmente ben. En diferentes zonas do noso Centro Educativo realizamos diferentes xogos con castañas (cada nen@ trouxo as súas).

   Para que non esquezades este día, envíovos algunhas das fotos que realizamos. Unha forte aperta.

O verán

   Achégase o fin de curso e con él o verán.

   Desde a biblioteca do Ceip Plurilingüe Eloísa Rivadulla propoñémosvos que durante este longo periodo de tempo procuredes realizar lecturas adaptadas a cada unha das idades que conforman os distintos niveis educativos.

   Ler, é a mellor forma de aprender.

   Por iso vos recomendamos esta páxina de internet para que poidades acceder facilmente a libros adpatados a cada idade.

https://weeblebooks.com/es/cuentos-infantiles/

Unha aperta e que teñades un bo verán.

BIBLIOTECA

 

Libros!!!

  
      Bo día, sabedes que cada pouco tempo desde a vosa Biblioteca do Centro, informamos dos diferentes eventos e propoñemos distintas actividades para que levedes mellor este tempo de estadía na casa.

     Nas seguintes páxinas web, varias persoas da cultura, cóntanos un conto para que gocemos do noso tempo libre.

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

https://www.loqueleo.com/uy/noticias/actualidad/audiocuentos-los-escritores-de-loqueleo-te-cuentan-

      Os libros atópanse nas bibliotecas, a continuación déixovos unhas webs para que fagades percorridos virtuais polas bibliotecas máis incribles ó redor do mundo

https://artsandculture.google.com/story/hAUB7xhL5zT9rg

https://www.julianmarquina.es/12-videos-de-realidad-virtual-para-visitar-bibliotecas-en-360o/

     Nos libros hai multitudes de aventuras, anímate a percorrelas!!!

 

Día Internacional do libro infantil

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Día Internacional del Libro Infantil 2020

 

Xa que non estamos no cole, e para conmemorar este día do libro infantil o día 2 de abril ímosvos deixar unhas direccións de correo para que teñades información sobre este día e poidades disfrutar de diferentes lecturas ou vídeos:

https://www.ibby.org/index.php?id=269&L=3

https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/

http://revistababar.com/wp/dia-internacional-del-libro-infantil-2020/

Unha forte aperta.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar