You are hereBLOG

BLOG


Nadal sticky icon

A  luz do Nadal

Os nenos camiñan

e xogan e brincan

na rúa calada

que cobren de risas.

e inventan trouleiros

palabras de neve

que borran as penas

que a terra non quere.

Cantigas e risas

veñen anunciar

que peta na porta 

a luz do Nadal.

Un nadal que amose

como vai a vida.

Un Nadal que cure

con paz as feridas.

Un Nadal

que abrigue.

Un Nadal

Turrón!

Un nadal

que acougue

Un Nadal

canción! 

                                                  Antonio G. Teijeiro

Saída de 1º e 2º a Afundación , obra de teatro "Só" sticky icon

O mércores 30 de novembro, os alumnos de 1º e 2º foron a Ourense para ver a obra de teatro "Só", da compañía Xanpatito Pato.

Foi un espectáculo de circo, teatro e malabares onde un personaxe moi peculiar rodeado dun sinfin de caixas xoga con elas para darlle forma ao seu mundo. Tiuvemos a sorte de poder facer unha foto co artista. Pasámolo moi ben!

25 N sticky icon

 

"O tempo non fai milagros, a túa forza de vontade si"

Os nosos cativos de infantil tiveron unha maná moi especial, ca lectura do libro "Vivan las uñas de colores", tras o cal os que quixeron puideron pintar as uñas de cores! 

 

Magosto sticky icon

 

O  OURIZO

Co seu ouro vello, mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no bico dun castiñeiro.

  

Tal un señor moi mandón:

no bico dun castiñeiro

o ourizón

toma o sol moi riseiro.

  

O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-ouh, que medo!-

de espiñas toda cercada.

  

Quer botar unha risada

e os seus dentes arregaña

case un nada:

e xa fuxiu a castaña...!

Manuel María (Os soños na gaiola)

O venres 11 de novembro, o noso alumnado disfrutou dunha mañá especial con xogos populares seguidos dunha merenda de bolos preñados e castañas.Canso

Os xogos relizados foron O Tornado, Atrapa o Trono, Carreira de relevos de Soles, Tempestade e Marexada. O alumnado de 6º , coa axuda do mestre de educación física, exerceron de encargados. Fixérono estupendamente!

Saída de 4º á Biblioteca Municipal de Chantada sticky icon

Desta vez foron os alumnos de 4º os que puideron saír a visitar a Biblioteca Municipal de Chantada, e coma sempre, alí foron cordialmente acollidos por María Luisa e María Teresa; gracias por acercarnos a este mundo tan maravilloso que é o dos libros!

E como non, dsifrutaron da lectura do conto "A figueira de Pelostortos".

Ata pronto!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar