You are hereVisita a Ourense do primeiro ciclo de Primaria
Visita a Ourense do primeiro ciclo de Primaria
O pasado luns, 8 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, disfrutaron dunha saída á cidade de Ourense.
Primeiro, visitaron a sala de exposicións AfundaciónAbanca, onde coñeceron a obra do pintor Antonio Quesada, a través dunha divertida mascota (un tritón). A continuación, puxeron todo o seu talento, nun obradoiro artístico.
Por último, acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense, a ver o espectáculo musical “Eu cociño, ti cociñas?”, onde cantaron, deron palmas e bailaron ao son de Mamá Cabra.
http://eucocinoticocinas.blogspot.com/
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYZYAVCFKg-X2mW9Qd-r_OxTzHmdqIHgt
https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/quesada_porto_antonio