You are hereLetras Galegas 2018

Letras Galegas 2018


By caloto - Posted on 16 Xuño 2018

Este ano adicamos as Letras Galegas á escritora e profesora María Victoria Moreno, ademáis de realizar actividades diversas a nivel de aula e enriquecer a biblioteca con libros seus, realizamos un mural que recolle a súa obra, realizado coa especial implicación dos alumnos de Educación Infantil.

  • Para celebrar a festa da nosa lingua, adicamos dous días ao disfrute dos contos:
    • O 16 de maio tivemos o pracer de escoitar a Celso Fernández Sanmartín, non só contou contos (de raigame popular en moitos casos) senón tamén sinxelas cantigas. Os alumnos  e profesores de 2º a 6º de Ed. Primaria, disfrutamos participando nesta actividade.

    • O 25 de maio os que viñeron ao cole foron Sara e Alex, os contacontos de Kalandraka. Amenizaron con música de acordeón un feixe de contos: Ahorta de Simón, Animais de compañía, Un mais, Frederick, O coelliño branco, Cores… A esta sesión acudion os alumnos de Infantil e 1º de Primaria.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar