You are hereREUTILIZANDO OS ROTULADORES

REUTILIZANDO OS ROTULADORES


By caloto - Posted on 09 Maio 2017

Os alumnos/as de 5 anos e a súa mestra, reutilizaron as cargas dos rotuladores para facer as súas propias obras de arte. Para iso, quitaron as cargas dos rotuladores que xa non servían, metéronnas nunha botella con auga e axitárona. A auga coloreada utilizárona para pintar.

Mirade que obras de arte!!!!

Tamén empregaron a auga coloreada os alumnos de 3º curso de Educación Primaria. Nesta ocasión, os alumnos querían visualizar o sistema de transporte de alimento das plantas e para conseguilo tinguiron caraveis de cor branca; empregaron dous tipos de colorantes, un de orixe natural (alimentario) e outro de orixe artificial, a auga coloreada obtida polos alumnos de infantil.
Os caraveis tinguidos coa auga artificial coloreáronse antes e dun xeito máis intenso, iso si, murcharon tamén de contado (no mesmo día). Pola contra, aínda que a cor que lograron co colorante natural non foi tan intensa, os caraveis luciron sanos case dúas semanas.
Este experimento permitiu aos alumnos tomar conciencia das consecuencias do uso de produtos artificiais para favorecer un crecemento máis rápido dos alimentos de orixe vexetal, e das consecuencias para o noso organismo cando os consumimos.
Tamén reflexionaron acerca do dano que provocan na natureza os vertidos químicos das fábricas, non só para a fauna dos ríos senón tamén para as plantas que absorban a auga contaminada.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar